Meaño pospón sen data a apertura da súa piscina municipal pola falta de socorristas
Por Redacción
A piscina municipal de Meaño non abrirá este venres 1 de xullo, tal e como estaba previsto.
Así o confirmou o Concello, tras non lograr cubrir os postos necesarios de socorrista.
"A normativa obriga a ter dous socorristas para poder abrir as instalacións e actualmente só contamos cun", explica o goberno local, afirmando que se trata dunha problemática que "está a afectar a todos os concellos con praias ou piscina", polo que entende que "o organismo competente debería actuar para liquidar esta situación".
Segundo informa o Concello durante todo o mes chegouse a ofertas ata sete ampliacións do contrato de emprego, sen chegar a cubrir as vacantes.
Debido á casuística tomouse a decisión de retarsar sen data a apertura da piscina municipal ubicada en Dena.
"Comunicaremos a data de apertura unha vez solucionada a contratación de persoal", avanza o Concello de Meaño confiando en que a situación non se prolongue demasiado no tempo.