Rouban na casa dunha pontevedresa tras subtraerlle o bolso cando se encontraba ingresada nun hospital
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación e detención dun home de 31 anos de idade, veciño de Pontevedra, con múltiples antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dun domicilio tras subtraerlle o bolso á propietaria cando se encontraba ingresada nun hospital.
O feito tivo lugar o día 8 de outubro cando presentaba denuncia en dependencias policiais a propietaria dunha vivenda da cidade que sufrira un roubo no interior desta.
Ao parecer cando se encontraba ingresada nun centro médico, foi trasladada para realizar unha proba médica a outro punto do hospital deixando as súas pertenzas no interior do armario do cuarto.
Ao finalizar a proba a paciente comprobou que lle subtraeran o bolso en cuxo interior portaba as chaves do domicilio, do vehículo, uns lentes de sol e unha carteira con documentación e tarxetas.
A denunciante chamou inmediatamente un familiar para comprobar se alguén entrara no seu domicilio coas chaves.
A maioría dos efectos substraidos foron xoias, valoradas en 20.000 euros
Inmediatamente presentouse unha dotación policial no lugar que confirmou as sospeitas da muller, ao comprobar como caixóns e armarios se encontraban abertos e parte do seu contido esparexido polo chan. Unha vez puido comprobar os efectos subtraídos, na súa maioría xoias, valoradas en aproximadamente 20.000 euros.
A raíz da denuncia iniciáronse as investigacións para tratar de descubrir a identidade do autor do feito delituoso que foi localizado polos axentes o día 20 de novembro ás 11.15 horas. Unha vez detido polo roubo con forza pasou a disposición da Autoridade Xudicial o día 20 de novembro quen decretou o seu inmediato ingreso en prisión.