O BNG pide á Xunta un Plan de Mobilidade para a Ponte da Barca
Por Oskar Viéitez
O BNG presentou as alegacións aos presupostos elaborados pola Xunta de Galicia. Uns presupostos "mesquiños" que non responden ás necesidades da comarca de Pontevedra, como asegurou a deputada Montse Prado en rolda de prensa xunto á coordinadora comarcal do Bloque, Anxos Riveiro.
A formación nacionalista fixo un repaso por todas as alegacións presentadas que afectan, directamente, á nosa comarca. Entre elas encóntrase unha transferencia de capital de 400.000 euros para a "Mellora da mobilidade ciclista e peonil na PO-308 na Ponte da Barca".
Ademais nas apostas dos nacionalistas, encóntranse:
- Mellora da seguridade viaria na rúa Rosalía de Castro
- Variante de Alba
- Conexión de Valdecorvos-Pontevedra
- Urbanización da PO-531
- Conexión do vial do Vao. Pontevedra-Poio
- Depuradora de Raxó
- Proxecto de seguridade viaria da estrada comarcal PO-308 entre Andurique e A Seca e Chancelas e Raxó.
- Apertura do vial peonil no casco histórico de Combarro
- Estudo de derrubamento do Encoro de Umia
- Saneamento de Godos, Carracedo, San Clemente, Bemil
- Mellora das marxes do Umia entre Caldas e a fábrica de Clesa
- Urbanización estrada PO-531 no lugar de Outeda en Barro
- Ensanche e acondicionamento da estrada PO-226 de Moraña a Cuntis
- Mellora integral da estrada Augasantas-ponte Caldelas
- Polígono empresarial de Fragamoreira
- Hospital único de Montecelo en Pontevedra
- Transferencias concellos para a atención ás drogodependencias
- Plan prevención e atención drogodependencia
- Mellora do Centro de Saúde de Caldas
- Construción do novo Instituto en Caldas de Reis
- Construción do novo colexio de Valdecorvos-Pontevedra
- Plan de rexeneración dos bancos marisqueiros no ría de Pontevedra
- Acondicionamento dos portos de Raxó e Covelo