Vaipolorío atopa no ENIL do río Gafos unha vertedura de tres toneladas de residuos de obra e electrodomésticos
Por Oskar Viéitez
Este mércores membros do colectivo ecoloxista Vaipolorío puxeron en coñecemento do 112 unha nova vertedura na vía de servizo que discorre paralela á vía do Eixo Atlántico de Alta Velocidade e ao río Tomeza (Gafos).
Trátase de sacos de restos de obra, cun peso aproximado de tres toneladas, así como dúas neveiras e un arcón conxelador.
Vaipolorío lembra que esta é unha contorna declarada Espazo Natural de Interese Local (ENIL) e que "non é a primeira vez" que este lugar é utilizado por algúns individuos para "desfacerse" de diversos materias coma se fose unha entulleira controlada.
Esta asociación ambientalista espera que as autoridades identifiquen os responsables desta vertedura e impoña as correspondentes sancións.
Relacionadas:
-
Vaipolorío denuncia o "enésimo episodio" de vertedura ao Gafos desde o mesmo sumidoiro
Por Redacción |
-
Nova limpeza e novo graffiti para combater o "feísmo" arredor do río Gafos
Por Redacción |
-
Este domingo 31 comeza a campaña de verán de limpeza voluntaria do río Gafos
Por Redacción |
-
Nova vertedura no río Gafos detectada por Vaipolorío
Por Redacción |
-
Instalan no Gafos seis hoteis para bichos
Por Oskar Viéitez |
-
Vilaboa estuda vías de financiamento para recuperar o Muíño do Toxal
Por Redacción |