Instalan no Gafos seis hoteis para bichos
Por Oskar Viéitez
A Asociación Vaipolorío puxo en marcha esta fin de semana unha curiosa actividade, a construción dun "hotel" para insectos. Unha iniciativa dirixida pola monitoria Silvia Giménez e enmarcada dentro da programación de Noites Abertas, unha alternativa de lecer saudable destinada aos mozos.
Estes "hoteis" son unhas caixas refuxio que ocupan algúns bichos como "inquilinos", por exemplo: xoaniñas, crisopas, ou abellas e avespas solitarias, e que tratan de compensar a carencia de ocos naturais debido ao impacto que provoca a retirada da madeira morta da contorna debida ao noso concepto de "sucidade" na natureza.
Na madeira morta atópase unha gran variedade de xilófagos, centos de especies que a descompoñen. Nas cidades a eliminación destas árbores mortas afecta tamén negativamente a moitas especies insectívoras entre as que se atopan vertebrados como aves, réptiles ou pequenos mamíferos.
A finalidade destas caixas é protexer ás larvas no interior da cela de depredadores, parasitos, fungos e outras agresións ata que se desenvolvan por completo.
Relacionadas:
-
Vaipolorío atopa no ENIL do río Gafos unha vertedura de tres toneladas de residuos de obra e electrodomésticos
Por Oskar Viéitez |
-
Vilaboa estuda vías de financiamento para recuperar o Muíño do Toxal
Por Redacción |
-
Máis dun milleiro de persoas participaron na primeira fase de Noites Abertas
Por Redacción |
-
Día da Auga, día para aparcar os libros e limpar a contorna do Gafos
Por Raquel Currás Martínez |
-
Vaipolorío acomete a poda da "maceira de río" no Gafos
Por Redacción |
-
Abre o primeiro hotel de insectos do Parque Nacional Illas Atlánticas
Por Oskar Viéitez |