Buscan o autor dunha agresión sexual a unha menor en Barrantes
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
A Garda Civil mantén aberta unha investigación para localizar ao responsable dunha agresión sexual a unha moza menor de idade rexistrada durante a pasada fin de semana en Barrantes, no Concello de Ribadumia.
Fuentes oficiais confirmaron que a adolescente acudiu á Garda Civil e formalizou unha denuncia polo ocorrido. Desde entón, manteñen abertas dilixencias para esclarecer o ocorrido.
A agresión denunciada produciuse na madrugada do sábado ao domingo, no marco da Festa do Viño Tinto do Salnés que se celebrou durante toda a fin de semana en Barrantes.
A nova vítima atopábase gozando da celebración cando foi agredida.