O Centro Méndez Núñez abrirá un centro especial de emprego para comercializar os traballos do seu obradoiro
Por Redacción
O Centro Méndez Núñez celebra a Exposición de traballos artesanais realizados polo obradoiro ocupacional, pertencente á Asociación de discapacitados psíquicos Virgen de la O.
Esta mostra de obxectos de madeira, cristal, barro, tea, estaño... é o resultado dun traballo artesanal coidado e supervisado que pode competir no mercado tanto pola súa calidade coma polo seu prezo.
Esta visita, que se poderá realizar do 23 de novembro ao 3 de decembro de 18:00 a 21:00 horas no Liceo Casino de Pontevedra, ten unha dobre función: a comercial e a de achegarnos ao mundo da discapacidade dende un punto de vista de igualdade de oportunidades.
Para o próximo ano 2014 o Centro Méndez Núñez inicia un gran proxecto coa inauguración dun centro especial de emprego no que se expoñerá a produción realizada e se comercializará nun establecemento céntrico de Pontevedra.