O Partido Socialista reclama á Xunta que reforce o persoal da Escola Infantil O Toxo
Por Redacción
O Partido Socialista reclama á Xunta que reforce o persoal na Escola Infantil O Toxo de Pontevedra. Os socialistas veñen de rexistrar unha batería de iniciativas sobre este asunto no Parlamento.
Ademáis, este xoves visitaron este centro a deputada Paloma Castro, o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, e o responsable de Educación da executiva do PSdeG de Pontevedra, Manuel Fariña.
Paloma Castro sinalou que a escola conta, entre as 105 alumnos, con tres nenos con necesidades especiais que non tiña antes da pandemia, un dos cales un non se move dada a súa patoloxía.
Ante estas circunstancias, a socialista requiriu ao executivo autonómico que contrate a dúas educadoras de apoio "para acadar unha por ciclo" e, a maiores, unha persoa para realizar labores de limpeza. Ademais, urxiu a ofertar cursos de formación para o persoal orientados aos coidados de nenos con estas características.
Durante a pandemia, lembrou Castro, "a Xunta puxo unha educadora de reforzo na escola, pero este curso prescindiron dela tras considerar superada a etapa". Malia isto, incidiu, "as profesionais son insuficientes para tanto alumnado".
Neste sentido, a socialista defendeu a educación inclusiva para nenos con necesidades especiais e lembrou que "é a Xunta quen debe realizar unha asunción responsable destas necesidades" e, polo tanto, "dar formación ás educadoras que desenvolvan esta tarefa ou contratar persoal de apoio con formación suficiente que garanta unha correcta atención ás e aos menores".