![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534840784f29e-dsc_0496.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Fin á 'fervenza' de agua entre as Palmeiras e Raíña Vitoria?
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Pontevedra realizou nestes días traballos nos Xardíns de Vincenti e nas Palmeiras para resolver os problemas de anegamentos e "riadas" que causa a chuvia nas escaleiras de baixada á avenida de Raíña Vitoria, especialmente nos días de temporal.
A obra foi executada a través da empresa Aquagest. Tivo un custe de pouco máis de 9.000 euros e consistiu na instalación dunha canalización de 130, dous pozos e seis sumidoiros en distintos puntos das Palmeiras próximos á avenida Raíña Vitoria.
Os asolagamentos que se producían durante os temporais de chuvia nas Palmeiras facían que a auga caíse en tromba cara a avenida Raíña Vitoria, un episodio que o Concello confía en ter resolto agora con esta intervención.