Localizan o autor dunha vertedura de lixo pola documentación persoal encontrada entre os restos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
"ÿ intolerable que na actualidade continúe este tipo de prácticas para desfacerse dous residuos especiais do fogar xa que os veciños contan con medios gratuítos para desbotalos", sinalou o concelleiro de Medio Ambiente, Jose Luis Rodríguez, referíndose a unha vertedura detectada estes días no ámbito que albergará o Parque Empresarial, na parroquia de Nantes.
Neste sentido, o edil recordou que o Concello de Sanxenxo ofrece varias opcións para facilitar aos cidadáns desprenderse dos seus residuos, xa sexa a través da recollida domiciliaria -chamando previamente ao teléfono 638240885-, ou mediante o depósito no Punto Limpo municipal "que é unha das instalacións da comarca que conta co horario máis amplo".
O concelleiro delegado de Medio Ambiente explicou que, cando se detectan vertidos, dende o departamento que dirixe se traballa para identificar o responsable, como o caso do localizado no O Solo Urbano15 que contiña abundante documentación persoal. Tras encontrar o causante, a Administración local requiriulle a retirada destes restos, ao tempo que iniciou un procedemento sancionador no que se fixará unha contía relacionada co cumprimento do ordenado, aplicándolle no caso contrario a multa máxima prevista na ordenanza municipal.
Cando a identificación é inviable, se a vertedura se encontra nunha propiedade privada responsabilízase subsidiariamente o dono do terreo, mentres que se se trata dunha zona pública os operarios municipais proceden á súa retirada.