Juan Carlos I, preguntado por se dará explicacións: "¿Explicaciones de qué?"
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
Tras case dous sen verse, e tras unha estancia de tres días en Sanxenxo, o rei emérito reencontrarase este luns co seu fillo, Felipe VI. Será no transcurso dun encontro privado en Zarzuela ao que asistirán outros membros da familia real.
Pero, a pesar do que podería esperarse, parece que Juan Carlos I non pretende ofrecer ningún tipo de explicación ao actual rei de España sobre as súas actividades.
Nun vídeo que difundiu laSexta, o monarca responde "explicaciones de que" á pregunta dunha xornalista sobre se explicará ao seu fillo todo o ocorrido nestes dous anos. Faino ademais entre risas, que son perfectamente identificables no vídeo.
A reporteira pregúntalle ao rei emérito, que vai no coche co portelo baixado, "que lle vai a dicir ao seu fillo" cando lle vexa, ao cal este responde que "¿tú que le dirías a tu hijo?”.
O emérito, en todo caso, tamén confirmou que ten "muchísimas" ganas de ver ao rei Felipe VI. Poñerá rumbo a Madrid, segundo confirmou PontevedraViva, á primeira hora da mañá deste luns.