Luis López asume de xeito interino a dirección do PP de Pontevedra
Por Redacción
O delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luís López, asumirá de maneira interina a dirección do Partido Popular na provincia de Pontevedra, en substitución do seu actual presidente, Alfonso Rueda.
Rueda, tras ser investido como presidente da Xunta, será proclamado este domingo como novo presidente do PPdeG, completando así o proceso de sucesión de Alberto Núñez Feijóo.
Ambos os cargos, a presidencia do PP galego e do pontevedrés, son incompatibles segundo os estatutos da formación, polo que o partido en Pontevedra quedará en mans de López ata a celebración dun novo congreso.
O ex alcalde de Rodeiro, delegado do goberno galego en Pontevedra desde febreiro de 2021, asumirá as funcións da presidencia, debendo coordinar toda a acción política do partido na provincia ata a elección dun novo presidente.