Sanxenxo executa melloras nas casas de cultura das súas parroquias
Por Redacción
Pintura, traballos de carpintería e renovación do mobiliario son algunhas das actuacións previstas nas casas de cultura municipais de Sanxenxo.
O paso do tempo e o uso das instalacións por parte de numerosos colectivos fan necesarios traballos de posta a punto.
A concellería de Cultura, dirixida por Paz Lago, comezou xa hai unha semana coa substitución das mesas e cadeiras do salón de usos múltiples de Vilalonga e continuará nas próximas semanas co pintado e actuacións na carpintería nos edificios sociais de Dorrón, Adina e Bordóns.
O orzamento destinado a estas actuacións rolda os 10.000 euros e a intención do goberno é continuar realizando estes traballos no resto de edificios municipais sociais para mellorar as condicións de uso.