O alumnado de Poio implícase na campaña "O que se dá non se quita" polo galego
Por Redacción
Desmontar os prexuízos sobre a lingua galega. Ese foi o espírito da actividade que, no marco da campaña municipal "O que se dá non se quita", chegou estes días a varios colexios de Poio.
O obxectivo desta iniciativa, segundo a edil de Normalización Lingüística, Marga Caldas, é o de promover e potenciar o uso da lingua galega entre a sociedade, poñendo o foco especialmente nas crianzas e na mocidade.
"O que se busca é acabar con esa mentalidade de non usar o galego por medo a trabucarse, porque é a que, de xeito inconsciente, nos pode afastar da nosa lingua, o que deriva nunha perda progresiva do seu uso", subliñou Caldas.
Unha vez desenvolvidas estas charlas, o Concello de Poio ofrecen aos colexios a posibilidade de desenvolver a súa propia campaña en favor do galego.
Deste xeito, desde estes departamento achegaráselles todo o material necesario para elaborar as campañas, que poden levarse a cabo mediante a gravación de vídeos, podcasts ou a través de deseños de pancartas ou carteis.
Os traballos deberán estar finalizados antes do 7 de xuño e o Concello daralles difusión a través dos seus perfís nas redes sociais, co obxectivo de dar visibilidade ao esforzo dos estudantes.
Relacionadas:
-
'Queremos galego' anima á cidadanía a manifestarse en Compostela o 17 de maio polo futuro da Lingua
Por Redacción |
-
O Concello de Poio e a Xunta apostan pola promoción do galego coas actividades deste ano
Por Redacción |
-
O Paroleiro irá este venres cos seus contos á Biblioteca de Campelo
Por Redacción |
-
Os 'maios' e a as Letras Galegas, eventos destacados na primavera cultural de Poio
Por Redacción |