Poio pon en marcha a súa Aula Mentor coa que ofrecerá formación dixital
Por Redacción
Poio xa está adherido á Aula Mentor, na que poderá ofrecer titorías personalizadas e formación online non reglada e flexible.
As sesións telemáticas se impartirán desde a aula de informática do Centro de Formación da Reiboa, onde ofertarán ata 30 formacións diferentes que xiran en torno a redución da brecha dixital, a formación de mulleres no ámbito rural e a formación de colectivos vulnerables.
Tamén haberá ciclos sobre iniciación a procesadores de texto, uso de redes sociais ou deseño de produtos e servizos, ou coaching e emprendemento dixital, entre outros. As persoas interesadas en acceder ao servizo poderán asesorarse vixitando a páxina da Aula Mentor ou poñerse en contacto coa Oficina de Orientación Laboral de Poio a través do correo electrónico orientacionlaboral@concellopoio.gal ou chamando ao teléfono 986770001 (extensións 1260 ou 1502).
O programa terá un prezo de 24 euros mensuais e está impulsado a nivel estatal polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, e que se xestiona a través dos departamentos de Educación e Promoción Económica, dirixidos por Raquel Rodríguez e Gregorio Agís .
Rodríguez e Agís coincidiron durante a presentación da Aula Mentor en salientar a importancia deste servizo, que "ofrece unha alternativa en materia de formación á poboación adulta que non ten oportunidade de acceder a unha oferta presencial. Está pensada, precisamente, para poder dar resposta ás necesidades da xente que precisa dun ritmo de aprendizaxe flexible, que non estea suxeito a horarios ou prazos concretos".
Ademais, a concelleira de Educación destacou "a permanente actualización dos cursos ofertados" e fixo fincapé, igual que Agís, da necesidade de que Poio conte con esta ferramenta que garantirá formación educativa e profesional á cidadanía.
Relacionadas:
-
A inversión municipal en educación superou este curso os cen mil euros
Por Redacción |
-
Campelo acolle desde esta fin de semana actividades en favor da igualdade e o empoderamento feminino
Por Redacción |
-
Case vinte novas sociedades mercantís naceron en Poio no que vai de ano
Por Redacción |
-
A Aula Mentor de Poio ofrecerá trinta cursos formativos
Por Redacción |
-
Poio solicita cartos ao Ministerio para ofrecer unha aula mentor para impartir formación telemática
Por Redacción |