Os carteiros van de festa pola súa xubilación
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Traballar en Correos e xubilarse implica gozar dunha festa. Este domingo celebrouse en Pontevedra a comida anual de recoñecemento aos traballadores da entidade que se xubilan na provincia e, antes, todos quixeron facerse unha foto de familia na escalinata do santuario da Peregrina.
Unhas 150 persoas asistiron á comida organizada pola empresa postal para render homenaxe aos 21 compañeiros que finalizan a súa andaina laboral durante 2013. Son compañeiros de Silleda, Pontevedra, Forcarei, Sanxenxo, Vigo, Cangas, A Estrada, Porriño e Redondela.
A comida celebrouse no restaurante Casa Otilio de Poio ás 14:30 horas. Unha vez finalizada, fíxose entrega dun detalle corporativo aos xubilados asistentes en agradecimiento ao seu esforzo e dedicación ao servizo de todos os cidadáns da provincia.