As pavimentacións no rural morañés chegan a Rebón de Arriba
Por Redacción
Tras o reforzo dun muro de contención na Pasada, avanzan a bo ritmo as obras de pavimentación que o Concello de Moraña está a executar na parroquia de Rebón.
Estes traballos, que se están realizando no treito que vai entre A Pasada e Rebón de Arriba, teñen un orzamento de 100.000 euros, procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Vaise volver asfaltar con MBC de 5 centímetros de espesor medio e recalzaranse as tapas de saneamento e de pluviais.
Tamén se está levando a cabo a limpeza das cunetas en ambas marxes e colocáronse novas tubaxes para a canalización da auga.