Retiran un exame de abellas que aniñara nun banco do Paseo Antonio Odriozola
Por Redacción
Os servizos de emerxencia tiveron que empregarse a fondo para desaloxar a uns molestos inquilinos nun dos bancos do paseo Antonio Odriozola, nas inmediacións da Ferrería.
Un enxame de abellas decidiu facer o seu niño na parte baixa do banco, obrigando ás autoridades a acordoar a zona para minimizar o risco de picaduras.
Nun principio, desprazáronse á zona efectivos dos Bombeiros de Pontevedra ante a sospeita de que puidese tratarse de avespas velutinas, pero comprobaron que por sorte eran abellas comúns.
Por iso, desde a Policía Local, que xa recibira varios avisos sobre a presenza destas abellas, contactaron cun apicultor especializado.
Foi este profesional no que retirou o enxame do seu fogar improvisado, restablecéndose a normalidade na zona pouco despois.