Operacións de limpeza nos aparcadoiros gratuítos de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As brigadas municipais de Obras e Limpeza están a levar a cabo unha batería de actuacións de mellora e mantemento dos aparcadoiros públicos gratuítos que ten habilitados o concello para mellorar a ordenación do espazo urbano e dotar de bolsas de estacionamento no casco urbano.
Xa se levou a cabo esa limpieza en Concepción Arenal e na Sagrada Familia de cara á celebración das Festas de Cantodarea e estase a seguir por Inferniño e o resto de parcelas.
Tamén se levaron a cabo estes días traballos de limpeza e chorreo na beirarrúa fronte á Igrexa Evanxélica.