Sanxenxo repartirá chalecos reflectores nas súas parroquias para reducir os atropelos
Por Redacción
Concienciar á cidadanía sobre a necesidade de tomar precaucións á hora de transitar polas marxes das vías como peóns, utilizando aqueles elementos que favorezan a súa visibilidade por parte dos condutores. ÿ o obxectivo principal da campaña de sensibilización que desenvolverá nos próximos días a Policía Local, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.
Os responsables do programa municipal de Educación Vial serán os encargados de impartir as charlas que se desenvolverán en todas as parroquias do municipio. Para iso, desde o goberno local invitarán ás distintas asociacións existentes no concello e aos participantes en programas como o Taller de Memoria a sumarse a esta acción, que estará complementada pola distribución dun cento de chalecos reflectores.
"A maior parte dos atropelos prodúcense pola noite e por iso é importante que todas aquelas persoas que camiñan por vías secundarias que carecen de beirarrúas porten chalecos e teñan conciencia do perigo que corren se non toman as medidas necesarias", comentou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Salvador Durán.
O edil destacou a importancia de levar a cabo iniciativas tanto informativas como formativas, "porque en materia de seguridade todo reforzo é fundamental se conseguimos con elo concienciar aos veciños e veciñas de todas as idades para que actúen con cautela e responsabilidade".