As clarisas autorizan o regreso a Pontevedra do Cristo das Caídas
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Tras o peche do convento de Santa Clara, a imaxe do Cristo das tres Caídas, deixou de procesionar polas rúas de Pontevedra o Luns Santo.
A congregación das irmás clarisas, propietarias da imaxe, incluírono nas pertenzas que levaron no traslado.
A Confraría da Vera Cruz e Misericordia informou que tras meses de longas negociacións, "nas que sempre buscaron o coidado e garantía de atención á tan apreciada figura", as clarisas accederon "grazas á súa enorme humanidade e compresión" a cedelo a esta Confraría pontevedresa, que poderá honralo cada Semana Santa.
Mentres, descansará na Parroquia de San Bartolomé, a cargo do cura párroco Raúl Lage, "cuxo papel foi vital para que se poida celebrar por parte dos centos de devotos, o seu retorno á cidade do Lérez", afirman os responsables da Confraría.
A Vera Cruz e Misericordia será a encargada de procesionarlo e daralle a benvida o sábado 9, a partir das 20 horas, nos exteriores da igrexa de San Bartolomé nun acto que contará coa participación da Banda de Tambores e Cornetas da devandita irmandade.