O Concello de Cotobade enfróntanse a súa primeira reforma en 30 anos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O edificio do Concello de Cotobade está a ser reformado por primeira vez. Durante a xornada deste mércores 14 iniciouse a reforma da cuberta e da instalación electrica. O edificio conta xa con trinta anos.
O proxecto foi aprobado pola Deputación de Pontevedra e céntrase en solucionar as numerosas filtracións de auga que se producían no Arquivo Municipal, que está depositado baixo a cuberta. Tamén se acomete a reforma integral da instalación eléctrica para mellorar o servizo das dependencias municipais cun proxecto presupostado en preto de 50.000 euros.
A subvención corre a cargo da Deputación Provincial que tamén vai financiar o Centro Médico de Carballedo cun investimento de 248.000 euros.
O Goberno local de Cotobade considera moi positivas estas obras porque "repercutirá nuns meses en movemento de persoas e inversións na capital do Concello". Ademais, en xaneiro de 2014 iniciaranse tamén as obras do Campo de Herba Sintética.