As escolas infantís municipais de Sanxenxo abren o luns a solicitude de ingreso
Por Redacción
Sanxenxo abrirá o vindeiro luns o prazo de solicitude de novo ingreso nas escolas infantís municipais con 61 prazas dispoñibles dos 122 totais. O prazo conclúe o próximo 13 de abril.
Como novidade e grazas ao sistema de cofinanciamento do Concello de Sanxenxo e da Xunta de Galicia, o próximo curso a atención educativa será gratuíta para todas as familias. No servizo de comedor, o Concello colaborará coas familias en función da renda.
Sanxenxo destina cada ano 570.000 euros ao servizo municipal das garderías do Tombo e O Revel, o que significa un investimento medio por usuario de 4.672 euros, que continuará financiando como ata o de agora.
En Sanxenxo, a diferenza doutros concellos, as garderías permanecen abertas os 12 meses do ano para axudar na conciliación das familias que traballan no sector turístico durante os meses de verán.
Os interesados deberán presentar as solicitudes na sede electrónica do Organismo autónomo Terra de Sanxenxo. Para iso será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autenticación Cl@ve.
Opcionalmente, poderase presentar de forma presencial no rexistro de Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1) mediante o formulario normalizado dispoñible na páxina web do Concello e nas propias escolas.
Os nenos para os que se solicite a praza deberán cumprir o calendario de vacinación infantil. A formalización da matrícula deberá realizarse entre o 20 e o 30 de xuño. En canto ás prazas dispoñibles hai de 0-1 hai 24, de 1- 2, hai 16 e de 2-3 hai 21 prazas.
Relacionadas:
-
As escolas infantís de Sanxenxo pechan o prazo de matriculación con listas de espera en dous cursos
Por Redacción |
-
Sanxenxo destinará 655.000 euros do orzamento do 2022 ao servizo de axuda no fogar
Por Redacción |
-
As escolas infantís de O Tombo e O Revel teñen 90 estudantes admitidos e nove en lista de espera
Por Redacción |