![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53486c5072d90-consello-campus.jpg)
© Universidade de Vigo
O TSXG condena á Universidade a pagar ao persoal laboral a paga extra de 2012
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de ditar unha sentenza na que lle dá a razón a UGT e que obriga a Universidade de Vigo a aboar ao seu persoal laboral docente e investigador a paga extraordinaria correspondente a decembro do ano pasado.
Segundo informa desde Fete-UGT, o fallo foi emitido o pasado 30 de outubro cualifica de "discriminatorio e inxustificado, vulnerando o dereito á igualdade, suprimir na súa totalidade a paga extraordinaria de Nadal de 2012". A sentenza contra a que cabe recurso, tamén afecta ás Universidades de Santiago e A Coruña.
Aínda está sen resolver outra demanda colectiva promovida polo persoal docente e investigador funcionario para reclamar á Universidade cantidades pendentes polo pagamento do complemento específico nas pagas extras.