![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d44/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/622db175ab-club-rotyar.jpg)
© Club Rotary Pontevedra
O Rotary Club de Pontevedra recada fondos para os damnificados pola guerra en Ucraína
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Rotary Club de Pontevedra celebra, dentro do evento dos Premios Servir, que terá lugar o próximo día 1 de abril ás 21.15 horas no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, unha cea solidaria para recadar fondos con destino aos damnificados polas consecuencias da guerra en Ucraína.
O acto é público e as invitacións pódense adquirir ao prezo de 40 euros, por medio de transferencia á conta de Rotary Club de Pontevedra. Para confirmar a asistencia á cea solidaria é necesario enviar un correo electrónico á dirección rotaryclubpontevedra@gmail.com
Así mesmo, hai habilitada unha Fila 0 na mesma conta bancaria, debendo indicar no concepto “Fila 0 + nome” co importe que se queira destinar a esta causa benéfica.