Róubanlle as catro rodas do seu coche no disuasorio do Pavillón: "Cuando lo vi me eché a llorar"
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Sorpresa, indignación e rabia é o que sentiu este mércores á primeira hora da mañá unha veciña de Pontevedra ao atopar o seu coche sen rodas e apoiado soamente por uns bloques de formigón.
Pasou nun dos aparcamentos disuasorios situado fronte ao Pavillón Municipal dos Deportes.
"El coche lo aparco todos los días aquí y lo dejo todas las noches aquí, es mi aparcamiento habitual porque vivo enfrente de la ría", explica a PontevedraViva a afectada, que debido á incidencia quedou sen poder chegar ao seu posto de traballo.
"Lo aparqué ayer a la tarde en mitad del aparcamiento y para mi sorpresa cuando vine hoy a la mañana me voy acercando al coche y veo que faltan dos ruedas, me acerco más, y las cuatro ruedas. Cuando lo vi me eché a llorar", relata.
Ante a desagradable situación púxose en contacto coa Policía Nacional, que enviou ao lugar unha unidade da Policía Científica para tentar localizar algunha pegada ou pista sobre os autores do roubo.
En todo caso "los chicos que aparcan coches aquí me dicen que esto ha pasado cuatro o cinco veces, que cada tres o cuatro meses pasa", denuncia a muller agardando poder dar cos responsables.