Unha ciclista ferida tras golpearse coa porta dun coche en Cambados
Por Redacción
Una ciclista resultou ferida este martes como consecuencia dun accidente de tráfico que se produciu ás 11.12 horas na Avenida de Madrid en Cambados.
Segundo informa o 112 o accidente produciuse ao colisionar contra a porta dun coche que a condutora abriu ao seu paso.
Como consecuencia do forte impacto a ciclista, unha muller de Cambados M.S.C. de 62 anos, tivo que ser trasladada en ambulancia a un centro hospitalario para ser atendida das súas feridas.
Ata o lugar do suceso trasladáronse Urxencias Médicas e Policía Local de Cambados.