A recadación de Urbana nos concellos adheridos ao ORAL incrementouse en case 13 millóns de euros en tres anos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Nos últimos tres anos, a recadación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana en período voluntario incrementouse en preto de 13 millóns de euros nos 51 concellos que teñen delegado no Oral o cobro do IBI en voluntaria.
Así, se en 2011 foron 35.369.146,93 euros os recadados polo servizo de xestión tributaria da Deputación nos anteditos concellos, en 2012 a cifra subiu ata os 42.310.601,55 euros e en 2013 ascendeu ata os 48.053.617,11 euros. Isto supón unha diferenza de 12.684.470,18 euros máis neste ano que en 2011.
Este incremento na recadación permite mellorar a situación financeira de moitos concellos, permitíndolle maiores ingresos cos que financiar servizos e investimentos. Por outra banda, tamén se considera un dato favorable desde os Servizos de Xestión Tributaria tendo en conta á situación de crise económica actual.
Neste sentido, cómpre subliñar que a cantidade recadada non só se incrementou como consecuencia do aumento dos tipos de gravame sobre o IBI, senón tamén polo incremento na porcentaxe de cobro voluntario acadando o 86,48% este ano, case un 2% máis que en 2012.