Combarro edita unha guía polos 50 anos da declaración como conxunto histórico
Por Redacción
O Concello de Poio anuncia a presentación o vindeiro venres 25 de marzo de ‘Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia’, obra de Rafael Vallejo, catedrático de Historia Económica na Universidade de Vigo e natural de Combarro.
A cita terá lugar na sede da Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro, ás 20.00 horas, e contará, ademais de co autor, coa participación do alcalde de Poio, Luciano Sobral, a responsable de Turismo, Silvia Díaz, e o vicepresidente da Asociación A Solaina, Xosé M. Martínez.
O autor, Rafael Vallejo, fai un exhaustivo repaso á evolución histórica da vila de Combarro, analizando diferentes fases, desde a época anterior ao ano 1.105 ata chegar ao século XX. Ademais, adícase un apartado específico a un acontecemento histórico: a declaración do núcleo de Combarro como Conxunto Histórico e Pintoresco de Carácter Nacional, feito do que se cumpren 50 anos.
Precisamente, a edición desta publicación é unha das diferentes iniciativas que ao longo de 2022 se levan a cabo para conmemorar esta data histórica.
Ao longo das súas 84 páxinas, a guía, que contará cunha tirada de 2.000 exemplares, tamén inclúe fotografías e imaxes de diferentes épocas, a través das cales se aprecia a evolución que experimentou a parroquia, así como información vencellada á toponimia local e á arquitectura, ademais de recoller festexos e eventos lúdicos relacionados con Combarro. A maiores, incorpora un mapa e datos turísticos de interese.
Relacionadas:
-
Á caza de tesouros nun tesouro
Por Manu Otero |
-
'Mar de sons' e 'FalaRedes' serán os grandes protagonistas este xullo en Combarro
Por Redacción |
-
Haberá unha rehabilitación máis ambiciosa da fonte de Combarro
Por Redacción |
-
Combarro estrea cunha gran acollida a nova guía turística da vila
Por Redacción |
-
Xuntan nun libro os estudos publicados polos 40 anos de Combarro como Conxunto Histórico
Por Redacción |
-
Cultura chequeará o grao de conservación de Combarro
Por Redacción |