Retiran plásticos e residuos das praias de Baltar e A Lanzada
Por Redacción
A Fundación Osíxeno trouxo a Sanxenxo a súa campaña "Microplásticos, microlixos: A mar de limpo" cunha actividade dirixida aos escolares do municipio.
O obxectivo foi concienciar aos participantes sobre a importancia de coidar e protexer o litoral e o mar fronte a diferentes ameazas e problemáticas como verteduras ilegais, sobrepesca ou residuos depositados nas praias.
A actividade completouse con formación teórica sobre os ecosistemas litorais, na que os escolares tomaron conciencia do valor que atesouran, ademais da necesidade de coidalos.
Tivo dúas horas de duración. Pola mañá, en horario de 9:30 a 13:45 horas, os alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio do Telleiro e, pola tarde, de 15 a 17 horas, grupos de 3º e 4º E.S.O do colexio Abrente.
A Fundación Osíxeno é unha entidade sen ánimo de lucro cuxo obxecto é a promoción, desenvolvemento, protección e investigación dos valores sociais, culturais e ambientais que supón a conservación da natureza o de medio ambiente.