A iniciativa pontevedresa fixo realidade a rúa Isaac Diaz Pardo en Magdalena, Arxentina
Por Redacción
A rúa Balcarce da cidade de Magdalena, en Arxentina, ten novo nome desde o pasado venres 4 de marzo. Pasou a nomearse rúa Isaac Diaz Pardo como resultado dunha iniciativa que tivo orixe en Pontevedra, a través da pontevedresa Loli Beloso.
O acto contou coa presenza do fillo do intelectual galeguista e fundador da fábrica Celtia S.A., Camilo Díaz. Precisamente, a nova rúa Isaac Diaz Pardo homenaxéao no lugar no que el fundou no exilio a fábrica de cerámica Celtia.
Loli Beloso, impulsora da iniciativa, quixo agradecer este xesto á Municipalidad de La Magdalena e ao seu alcalde, Gonzalo Martín Peluso, así como tamén á secretaria do rexedor, Isabel, que foi a persoa que lle "abriu a porta para todo isto".
Beloso tamén lle dá as grazas aos ceramistas Javier e Alejandra Marinangelli, a Manuel López (arquitecto municipal da Magdalena) e ao xornalista José Luis Meiras por apoiar estás iniciativas.
No mes de agosto, a pontevedresa vai viaxar a Arxentina e cambiará a placa actual da rúa por unha deseñada por ela mesma en Pontevedra.
Ademais, Beloso adiantou que segue adiante outra das súas iniciativas, que será fundar un centro no que se axude a difundir a figura de Diaz Pardo, para o que xa hai un local.
Tamén a pontevedresa está interesada en que se faga un paseo na mesma rúa con obras de escultores e artistas galegos.
Relacionadas:
-
Arte e xoias solidarias cruzan o Atlántico desde Pontevedra a Arxentina
Por Redacción |
-
Xoias solidarias que axudan a loitar contra o cancro mentres homenaxean a Carmen Arias, Mimina
Por Redacción |
-
A pontevedresa Loli Beloso logra que a cidade arxentina de Magdalena homenaxee a Isaac Díaz Pardo co nome dunha rúa
Por Redacción |