Arte e xoias solidarias cruzan o Atlántico desde Pontevedra a Arxentina
Por Redacción
A cidade de Magdalena, en Arxentina, ten estes días acento pontevedrés. Alí exponse unha mostra de xoias solidarias da escritora de Tomeza Loli Beloso e o día 22 de agosto vaise inaugurar unha sala permanente adicada a Isaac Díaz Pardo e a Carmen Arias de Castro para á que enviaron obras artistas de Galicia.
A pontevedresa Loli Beloso inaugurou este martes 16 de agosto a exposición de xoias solidarias nesta cidade coa que Galicia ten moitos vínculos e na que o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo fundou no ano 1956 no exilio a fábrica de cerámica Celtia.
Loli Beloso inaugurou a súa exposición co director de Cultura e Prensa de Magdalena, Sebastián Fleita, e co orfebre Walter Melo. As súas xoias estarán expostas ata o 22 de agosto.
A recadación íntregra obtida da venda destas xoias destinarase a Fundación Pública de Medicina Xenómica de Galicia para a investigación do cancro que dirixe Ángel Carracedo.
Ese mesmo día 22 de agosto, Beloso inaugurará no Museo Municipal de Magdalena Abel Barragán a citada sala permanente, na que haberá obras de arte enviadas por Daniel Acuña, Siro López, Rafael Úbeda, José Molares, Felipe Senén, Toni Castiñeira, Tato Heredia, Irene Silva, Teresiña Reimúndez, Valentina García Abalo, Zoila Sanjuás, David Pérez, Gregorio Eduardo Sánchez, Óscar Castiñeira ou Loli Beloso.
O científico Ángel Carracedo e o arquitecto César Portela enviaron palabras de apoio a estas iniciativas polas que Loli Belos lembra que leva loitando dende hai uns anos.
Ese mesmo día 22 de agosto tamén se instalarán unhas placas cos nomes Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias de Castro na Rúa Isaac Díaz Pardo. Deseñounas Loli Beloso e elaborounas J.Ramón Otero en Galicia
A rúa Balcarce da cidade de Magdalena, en Arxentina, ten novo nome desde marzo. Pasou a nomearse rúa Isaac Diaz Pardo como resultado da iniciativa de Loli Beloso. Agora, cinco meses despois de aprobarse este nome, a placa da rúa cambiase por esta novas.
Relacionadas:
-
A Festa da Investigación de Tomeza celebra a súa sétima edición en beneficio da Fundación de Medicina Xenómica
Por Natalia Puga |
-
Tomeza lembra a Carmen Arias, Minina, no seu 102 aniversario
Por Redacción |
-
"Éxito rotundo" da Festa da Investigación de Tomeza, que entregou 3.500 euros para a investigación do cancro
Por Redacción |
-
A iniciativa pontevedresa fixo realidade a rúa Isaac Diaz Pardo en Magdalena, Arxentina
Por Redacción |
-
Xoias solidarias que axudan a loitar contra o cancro mentres homenaxean a Carmen Arias, Mimina
Por Redacción |
-
Pontevedra lembra a Carmen Arias, Mimina, "a xoia máis marabillosa de Isaac Diaz Pardo e Galicia"
Por Natalia Puga |
-
A pontevedresa Loli Beloso logra que a cidade arxentina de Magdalena homenaxee a Isaac Díaz Pardo co nome dunha rúa
Por Redacción |