O 'bolo do pote' quenta os estómagos de centos de marinenses
Por Redacción
Máis de 1.000 racións do saboroso 'bolo do pote' preparáronse este domingo na Alameda de Marín, no marco da edición número 18 desta festa gastronómica.
O 'bolo do pote' é un prato típico da cociña popular galega, elaborado con fariña de millo mollada en caldo e que se acompaña no prato con chourizo e orella.
Os organizadores da festa, a asociación Pousos da Area, repartiron as racións deste prato coincidindo coa celebración no municipio da coñecida como Andaina dos Montes e Praias.
Nesta camiñada, que se impulsou a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro, os participantes percorreron puntos emblemáticos de Marín como o Lago Castiñeiras, as fervenzas do río Neibó ou as praias do municipio.