En Sanxenxo, ela baila soa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Centro de Información á Muller do Concello de Sanxenxo inaugurou o xoves un curso de baile individual no que os asistentes adquirirán habilidades de estilos e épocas diferentes, que van dende ritmos latinos a árabes, pasando por rumba ou por aqueles propios dos anos 70 e 80.
As clases corren A Cargo de Glau Fonseca e celébranse todos os xoves ata o mes de maio nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo. Os matriculados poden escoller o horario de asistencia xa que se habilitaron dous grupos, un que se desenvolve de 18.45 a 20.15 horas e o outro de 20.30 a 22.00 horas.
O prazo de inscrición permanece aberto e a cota mensual é de 18 euros.