Arde o motor dun barco atracado no peirao de Portonovo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un incendio no porto de Portonovo obrigou esta madrugada a actuar aos servizos de urxencia da localidade. O lume afectou ao motor dun dos barcos atracados nas instalacións portuarias de Baltar. Por fortuna a tripulación da embarcación non se atopaba no seu interior no momento do suceso, polo que non houbo persoas feridas.
Segundo informa o 112, o aviso de incendio produciuse á a 1.45 horas deste venres, ao saír moito fume da embarcación.
Foron mobilizados Salvamento Marítimo, o 061 e a Policía Local, ademais do servizo de gardacostas.
A Policía Local precisou que a tripulación xa se marchara cando se orixinou o incendio, polo que ao non haber persoas afectadas, finalmente foi anulada a ambulancia medicalizada.