A parroquia de Santomé en Marín estivo sen luz durante cinco días
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Catro lugares da parroquia de Santo Tomé de Piñeiro en Marín estiveron dende o domingo 3 ata o mércores 6 sen luz na iluminación pública. Segundo denuncia Pilar Branco, a voceira do Bloque Nacionalista Galego de Marín, o Concello non atendeu ás numerosas chamadas dos veciños que solicitaron durante eses catro días o arranxo desa avaría que provocou o apagamento.
Os lugares afectados por este problema de iluminación foron Igrexario, Cernello, Allariz e unha parte do Campo e, segundo a voceira nacionalista, o atraso na solución desta deficiencia que afectou á Casa da Cultura e á Igrexa provoca que os veciños desta parroquia se consideren discriminados en relación cos cidadáns do centro de Marín.