Detido un arousán que chegou a Barajas en cadeira de rodas e con case dous quilos de cocaína
Por Redacción
O aeroporto de Barajas, en Madrid, foi a última parada dun veciño de Vilagarcía de Arousa, A.V.A, de 24 anos de idade. Foi detido pola Garda Civil tras chegar nunha cadeira de rodas nun voo procedente de Bogotá (Colombia) e na que ocultaba case dous quilos de cocaína.
Segundo sinalou o instituto armado nun comunicado, o detido tiña previsto continuar a súa viaxe ata Santiago de Compostela cos 1.918 gramos de cocaína que levaba "en dous paquetes adosados ás costas, en dúas cápsulas que ocultaba na roupa interior e en dúas plantillas das zapatillas".
A detención deste mozo, ao que lle constan numerosos antecedentes por feitos relacionados contra a saúde pública, produciuse este xoves cando os axentes efectuaban unha inspección manual a un pasaxeiro que estaba sendo transportado nunha cadeira de rodas.