Unha avaría mecánica dun camión dificulta o tráfico na ponte da AP-9 entre Poio e Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Dirección Xeral de Tráfico alerta de retencións e conxestións de tráfico na Autoestrada AP-9 no tramo previo á ponte entre Poio e Pontevedra debido a unha avaría mecánica dun camión á altura do quilómetro 130,5 ao quilómetro 130,2.
Os problemas de tráfico rexistráronse en ambos os dous sentidos. A Dirección Xeral de Tráfico advirte de que o carril esquerdo se encontra pechado.
Testigos sinalan que tamén se produciu a caída de parte da carga do camión sobre a calzada polo que Tráfico recomenda precaución aos condutores que circulen por ese tramo.