O Ganapán regresa a fin de semana con manualidades e receitas doces
Por Redacción
O programa municipal O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra para promover o lecer infantil no Mercado de Abastos, regresa esta fin de semana para os nenos e nenas de 4 a 10 anos, con receitas doces e talleres de manualidades.
En canto ás manualidades, os máis pequenos poderán deixar voar a súa imaxinación o sábado 12 de febreiro no Espazo Crea cun obradoiro no que confeccionarán "unhas chulísimas e divertidas mini bonecas de papel, ideais para xogar ou para facer un agasallo", avanzan desde a organización. O domingo 13 de febreiro terán ocasión de "crear e personalizar un monstruíño barullento e súper simpático".
Dentro das actividades adicadas á cociña, na xornada do sábado desenvolverase un taller culinario no que os rapaces elaborarán un crumble de mazás e peras, unha sobremesa orixinaria de Gran Bretaña a base de froitas de outono e inverno; e na do domingo que cociñarán uns roliños de cheesecake e arandos, "unha combinación de sabores que fai que esta receita sexa irresistible", como sinala a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.
Tanto o sábado como o domingo haberá dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas.
Todos aqueles nenos e nenas que desexen participar deberán inscribirse previamente no email oganapan@gmail.com antes das 16:00 horas do día anterior ao da celebración das actividades. Pódese consultar toda a información na páxina de Facebook do Ganapán.
Relacionadas:
-
O Ganapán regresa ao Mercado polo Entroido
Por Redacción |
-
O Ganapán desta fin de semana será o máis reposteiro
Por Redacción |
-
Oferta de propostas gastronómicas e creativas no Ganapán do mercado antes de regresar ao cole
Por Redacción |
-
Maratón de talleres culinarios e creativos para público infantil no Mercado durante esta ponte
Por Redacción |
-
Obradoiros con receitas para chuchar os dedos, esta fin de semana no Ganapán do Mercado de Abastos
Por Redacción |