Agora as vodas seguen as pautas americanas que saen na televisión
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Fexdega retoma esta fin de semana a súa actividade feiral coa celebración do Salón Arosa Novias, que tras o éxito da súa primeira edición xera este ano moito máis interese e expectativas.
Catro mil metros cadrados de superficie para acoller a 60 expositores das comarcas de Arousa e Barbanza que amosarán as últimas tendencias en todo o relacionado co mundo das vodas.
Os desfiles de moda volverán a ser un dos pratos fortes do programa, con tres pases a diarios que o sábado pechará a colección do deseñador carrilexo Franco Quintáns e o domingo unhas das agullas máis importantes de España, o catalán Jordi Dalmau.
O II Salón Arosa Novias celebrarase o sábado 9 e o domingo 10 de novembro en 2013 baixo a organización da empresa de Vilagarcía, Arousa Klip. A mostra estará aberta de forma ininterrompida en horario de 11 da mañá ás 21:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
O programa inclúe actividades e demostracións ao longo de ámbalas dúas xornadas por parte dos expositores, como unha de coitelería acrobática, aínda que os actos centrais serán os desfiles de moda que terán lugar ao remate de cada xornada. Celebraranse tres pases cada día as 18:30, 19:30 e 20:30 horas.
VODAS AMERICAN STILE
Os organizadores de Arousa Noivas sinalan que as tendencias este ano no tema de organización de vodas seguen as pautas americanas, motivado tal vez polos numerosos programas televisivos que se emiten en canais específicos. Estas tendencias prestan moita atención á decoración dos escenarios, á estética do detalle, aos arranxos florais e ata á estética das tortas nupciais.
Precisamente neste sentido o salón inclúe un apartado cupcakes e de fondues de chocolate que se serven en grandes fontes. E aínda que o estilo americano marca tendencia, moitos expositores adaptan este gusto polo detalle á estética autóctona dándolle un toque especial e persoal para organizar vodas grandes ou pequenas con estilo máis tradicional ou máis moderno.