O instituto de Vilalonga acollerá un taller de autodefensa e outro de masculidades
Por Redacción
O IES de Vilalonga acollerá o próximo 15 de febreiro unha xornada de formación en autodefensa para estudantado de Formación Profesional. Terá lugar ás 10:30 horas e terá unha duración de 3 horas.
Tres días máis tarde, o 18 de febreiro, enfocado ao módulo de Mecánica de Vilalonga, está previsto un curso de formación sobre masculinidades.
Ademais, o Concello de Sanxenxo informa que a Policía Local recibirá formación para intervir en casos de violencia de xénero por parte da xuíza Paz Filgueira, titular do Xulgado de Violencia de Xénero en Lalín. Será o 21 de febreiro, ás 11 horas, nas dependencias municipais da Policía Local.
As actividades están financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.