Detido un mozo que se vestía de enfermeiro para roubar no hospital
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra identificaron e detiveron un home de 27 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza no hospital provincial e o furto dun patinete aparcado ás portas do centro sanitario.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, os feitos producíronse na noite do mércores 2 de febreiro cando uns axentes sorprenderon a este individuo cando accedía ao aparcadoiro privado do hospital e comezaba a tirar de forma brusca do cadeado dun patinete ata que conseguiu arrincalo.
O individuo subiuse ao patinete e tratou de saír fuxindo pero foi interceptado polos policías que tras identificarlle detivérono polo delito de furto do patinete.
Este mozo xa fora detido pola mañá dese mesmo día tras ser sorprendido no interior do hospital por un vixiante xurado que o detectaba nos corredores do centro en actitude sospeitosa vestido con uniformidade con anagrama do servizo de saúde e o nome dun enfermeiro coñecido. Ademais levaba postas algunhas pezas denunciadas como subtraídas polo persoal do hospital.
Os axentes tras ser requiridos levaron a cabo unha inspección ocular tras detectar que había varias taquillas forzadas e abertas.
O 1 de febreiro foi identificado tamén os axentes tras ser requiridos a outro centro de saúde onde fora sorprendido por unha enfermeira merodeando polas habitacións dos pacientes. Os axentes levaron a cabo unha batida polo hospital e sorprendérono cando saía do vestiario feminino cunha cazadora, ante o seu estado de nerviosismo preguntáronlle pola súa procedencia pero unha traballadora recoñeceuna como súa.
Tras un cacheo preventivo os axentes localizáronlle no interior dos petos dúas botellas de cava da que non puido acreditar a procedencia. Por todo iso foi identificado novamente por un furto.
Relacionadas:
-
Piden catro anos de prisión para un mozo por roubar nos hospitais Provincial e Quirón vestido de enfermeiro
Por Oskar Viéitez |
-
Ingresa en prisión un ladrón multirreincidente por roubos en establecementos de Pontevedra e Arousa
Por Oskar Viéitez |
-
Identifican dous homes por varios furtos de licores e roupa
Por Oskar Viéitez |
-
Socorren un home que levaba dous días malferido na súa casa despois de caer polas escaleiras
Por Oskar Viéitez |
-
A primeira muller policía local da Illa de Arousa toma posesión do seu cargo
Por Raquel Currás Martínez |
-
Un vídeo veciñal permite identificar un condutor temerario entre Ponte Caldelas e Soutomaior
Por Redacción |
-
Identificadas tres persoas, unha menor de idade, tras roubar en comercios de Benito Corbal e fuxir en coches de alta gama
Por Redacción |
-
A Garda Civil detén un grovense que colgaba na internet titoriais para fabricar explosivos
Por Oskar Viéitez |