Febreiro chega con ceos despexados
Febreiro comeza despexado nas Rías Baixas de acordo coa información proporcionada polo servizo de Meteogalicia. Este martes espérase un día despexado con ascenso de temperaturas, chegando a unhas máximas de 20 graos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos no interior e máis moderados na costa, en especial á noite.
Durante o mércores 2, as presións continúan, xunto a algunha nube no ceo, sen afectar demasiado ás temperaturas, que se moven entre os 8 e os 19 graos.
A partir do xoves 3, a influencia anticiclónica será menor e os ceos estarán máis nubrados, con pouca posibilidade de choivas e vento lixeiros, sobre todo á noite. A temperatura mínima ascende ata os 9 graos, mentres que a máxima descende aos 18.
O venres 3 achegarase unha fronte pouco activa polo norte, polo que as nubes e a probabilidade de precipitacións serán maioritarias nesa dirección. A temperatura máxima descende aos 16 graos e os ventos continuarán febles, tendo máis forza á tarde.
A comunidade persistirá cunha alternancia entre ceos pouco anubrados e despexados na súa maioría, mantendo unhas temperaturas normais, ao igual ca estes días. Agárdase que a calidade do aire mellore dun grao favorable a bo.