Inician unha recollida de firmas para lograr que se active a calefacción no local social dos Campos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra e a Asociación de veciños O Carballo dos Campos, na parroquia de Mourente, iniciarán na vindeira semana unha recollida de sinaturas para esixir a Naturgy que o novo Local Social teña auga quente e calefacción.
Alberto Oubiña, coordinador do rural e concelleiro responsable da parroquia de Mourente, destacou que o goberno municipal tramitou perante a súa comercializadora (a que gañou a licitación do subministro eléctrico do Concello) a alta definitiva do edificio para poder pasar dunha instalación monofásica (a actual) a trifásica, e poder dar servizo de auga quente e calefacción ao centro, especialmente ante a chegada do inverno.
Sen embargo, despois da solicitude do Concello no mes de novembro, seguen sen ter noticias de Naturgy polo que "tamén estuda outras vías administrativas de presión". Legalmente a distribuidora ten a obriga de dar esa alta no prazo de 15 días pero, máis de dous meses despois, "os veciños e veciñas seguen sufriendo os rigores do inverno ao non poderen activar a calefacción nin empregaren a auga quente".
Ante esta situación, o Concello e a Asociación de veciños O Carballo acordaron iniciar unha nova vía de presión: a recollida de sinaturas na parroquia para esixir á Naturgy esa alta; ademais de seguir presionando administrativamente e poder pasar da conexión monofásica á trifásica, xa que entenden que esta situación é "insostible".
O concelleiro Alberto Oubiña considera que se trata dun "atropelo" por parte da empresa e esixe que "se habilite dunha vez o suministro para que poida ser empregado con normalidade por parte dos usuarios do local social".
Relacionadas:
-
O Concello ultima o protocolo para reabrir en outubro os centros sociais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O núcleo de centralidade dos Campos empeza a tomar forma coa vista posta en final de ano
Por Redacción |
-
En marcha as obras de remodelación da antiga escola unitaria dos Campos
Por Redacción |