O Polígono Industrial de Monte Mocín recaba informes sectoriais favorables da Xunta
Por Redacción
O Polígono Industrial de Monte Mocín recabou da Xunta os informes favorables de Patrimonio, Montes, Territorio, Augas de Galicia e Conservación da Natureza.
O Concello de Cerdedo-Cotobade presente instalar nunha superficie de 118.000 metros cadrados na parroquia de Santa María de Sacos. Agora o alcalde Jorge Cubela dirixirase agora ao Estado coa intención de obter tamén da administración central o visto bo a esta iniciativa.
A intención do alcalde de Cerdedo-Cotobade é axilizar ao máximo os seguintes trámites administrativos que quedan para que ao rematar este ano se teñan xa todas as autorizacións sobre incidencia mediambiental necesarias para someter a aprobación definitiva por parte do Concello das Normas Subsidiarias de Planeamento que deran paso a un proceso de expropiación sobre as fincas privadas como remate final a esta tramitación.
FIXAR POBOACIÓN
Segundo o rexedor, Jorge Cubela, "neste momento hai gran demanda por parte da iniciativa privada de poñer en marcha este polígono industrial que viría a vertebrar a oferta de chan empresarial en todo o municipio complentado no territorio de Cotobade á xa existente no Sangal, en Cerdedo. O noso obxectivo está ben claro e é que Cerdedo-Cotobade ademais de ser un concello para vivir se convirta nun potente de atracción polo para investir, crear emprego e fixar poboación".
O proxecto de solo industrial de Monte Mocín afecta a 117.984 metros cadrados, dos cales 52.318 serán para parcelas industriais de uso xeral e 5.703 para proxectos niño ou en fase de creación, 1.700 para uso terciario, preto de 25.000 para zona verde e unha cifra similar para o viario. Dentro deste último apartado, contémplase a creación dunha rúa en forma de U con dous ramais anexos e catro rotondas, así como un carril-bici que ocupará 2.525 metros cadrados.
Cubela considera o polígono de Monte Mocín como "estratéxico para Cerdedo-Cotobade, xa que nel vanse conxugar os medios tecnolóxicos coa harmonización na contorna, a proximidade a Pontevedra, o aproveitamento das infraestruturas e unhas boas conexións por estrada, polo que ademais complementarase perfectamente co existente na zona cerdedense do Sangal e co futuro de Folgoso, xa sectorializado pola Xunta, para poder ofrecer distintas alternativas a empresarios que estean interesados en asentarse no municipio".