O Concello de Marín tira de subvencións para contratar 23 traballadores
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A través de varias subvencións de Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia o Concello de Marín anunciou a contratación de 23 traballadores, coa intención de "contribuír a poder xerar algúns postos na medida das posibilidades que un concello como o de Marín ten".
Desta forma a administración local xa contratou dous oficiais de obras públicas e catro peóns.
Este martes, segundo o trasladado polo goberno local, procederase a realizar a selección doutros 12 peóns mediante probas ante un tribunal designado para tal efecto que valorará os candidatos elixidos pola oficina pública de emprego.
Baixo este mesmo método procederase posteriormente a realizar a selección de conserxes.
12 MOZOS DE PRÁCTICAS
Na actualidade 12 mozos encóntranse realizando prácticas laborais no Concello de Marín en diferentes departamentos.
En concreto dous deles desenvolven o seu labor o xardíns, dous en deportes, outros dous en tesouraría, un en urbanismo, intervención, secretaria, biblioteca, informática e un máis co enxeñeiro municipal.