A área sanitaria ten 8.567 casos activos por covid-19 pero a incidencia modérase

Por Alejandro Espiño
Ata os 8.567 casos activos subiu a incidencia da pandemia na área sanitaria de Pontevedra. Son 140 máis que onte, unha das variacións diarias menos acusada das últimas semanas. Os novos contaxios foron 590, a segunda cifra máis baixa en dez días.
Os ingresados nos tres hospitais da área sanitaria son 80, dos máis que este luns, dos cales sete se atopan na unidade de coidados críticos de Montecelo.
A maiores, atendidos en planta hai outras 73 persoas. Hai 60 en Montecelo, dez no Hospital do Salnés e tres no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
O resto dos que contraeron o virus, outras 8.487 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio da pandemia 32.308 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 482 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 239 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 378.390, 410 nas últimas horas. A elas súmanse as 204.559 probas de antíxenos e outras 117.841 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 73.688, 1.115 máis que o día anterior. Deles, 14.930 son da área da Coruña, 7.557 da de Lugo, 8.178 da de Ourense, 8.567 da de Pontevedra, 19.489 da de Vigo, 11.023 da de Santiago e 3.944 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 549 en unidades de hospitalización e 73.086 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 268.742 persoas curadas, rexistrándose 2.856 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.472.387 probas PCR, 4.222 nas últimas 24 horas. Os novos casos abertos desde onte, que inclúen os autodiagnósticos con antíxenos, foron 4.720.
Relacionadas:
-
Montecelo mantén sete pacientes na UCI, os máis graves dos 81 hospitalizados por covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
A curva de contaxios comeza a frearse en Pontevedra, con 8.459 casos activos
Por Redacción |
-
Terceiro morto por covid-19 esta fin de semana, un home de 84 anos en Montecelo
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por covid-19 soben a 77, oito deles na UCI de Montecelo
Por Alejandro Espiño |