Un de cada catro pacientes hospitalizados con covid-19 ten a variante Ómicron
Por Redacción
O 26% dos pacientes hospitalizados en Galicia por covid-19 están infectados por variante Ómicron, unha porcentaxe que baixa o caso das persoas que están nas unidades de críticos galegas, onde a porcentaxe é do 11,3% do total dos ingresados.
O Servizo Galego de Saúde facilitou este mércores estas cifras, que supoñen que un de cada catro hospitalizados e un de cada dez ingresados en UCI presentan infeccións compatibles con esta variante, que é máis contaxiosa, pero habitualmente con síntomas menos graves.
Este dato é resultado do proceso de monitorización dos casos positivos que ingresan nos hospitais da rede sanitaria pública galega para determinar a que variante do virus Sars-Cov-2 a que pertencen, co obxecto de poder avaliar e facer un seguimento específico á evolución de cadansúa cepa.
O Servizo Galego de Saúde realízalle unha proba diagnóstica específica a todos os pacientes positivos que ingresan nos centros hospitalarios, co ánimo de poder avaliar a carga da variante Ómicron durante a súa hospitalización.
Como resultado destas análises, detectouse que esa porcentaxe xeral do 26,08% de Ómicron sube, polo tanto, no caso das persoas ingresadas en planta de hospitalización convencional, onde supón o 28,63%.
Relacionadas:
-
Dúas novas mortes con covid elevan a cinco os decesos coa infección na área sanitaria esta semana
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, publica en Twitter que deu positivo en covid
Por Redacción |
-
Avanza o incremento de casos activos, con 307 máis, chegando a 7.354 na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Un home de 69 anos, terceiro falecido con covid-19 esta semana na área sanitaria
Por Natalia Puga |