Ultiman un Plan de Parroquias para conseguir "o rural que queremos" nun horizonte duns 15 anos
Por Alejandro Espiño
Conseguir "o rural que queremos" nun horizonte duns 15 anos. ÿ o obxectivo que se marca o Plan de Parroquias no que traballa o Concello de Pontevedra. Unha iniciativa "participativa e democrática", segundo explicou o concelleiro de Rural, Demetrio Gómez, xa que "en cada paso que se dá" interveñen os axentes sociais e culturais de cada unha das quince parroquias do rural, a través dos denominados Consellos Parroquiais.
Nunha primeira fase, partindo do PXOM en tramitación, realizouse un mapa xeral de recursos, un diagnóstico do patrimonio de cada unha das parroquias e unha listaxe de accións a realizar nelas. Trátase de documentos iniciais que se exporán ao público no centro cultural de cada parroquia e na web www.pontevedra.eu/todo, de forma que os veciños poidan realizar suxestións ou correccións a este traballo.
A partir de aí, os respectivos Consellos Parroquiais terá que definir as prioridades e as obras necesarias, articulando un modelo "que non será exactamente igual para todas". Preténdese definir un núcleo de centralidade parroquial, "ou que concentra a vida social", afirmou Demetrio Gómez. Será a zona na que "intentaremos promover a mobilidade peonil e alternativa aos vehículos e aumentar a seguridade viaria".
O concelleiro nacionalista destacou que con este plan, que está sendo redactado polo técnico Xaquín Moreda, búscase trasladar o "exitoso" modelo de cidade a certas zonas do rural pontevedrés, algo que "non estase facendo en ningún outro sitio", respectando, iso si, as necesidades particulares de cada parroquia.
Para levar a cabo todo o que se recolle neste Plan necesitaríanse preto de 100 millóns de euros, "e sen contar coas aportacións novas que fagan vos veciños". Por iso é polo que os Consellos Parroquiais sexan os que establecerán as prioridades de cada obra ou acción ao longo de cada anualidade. En todo caso, Demetrio Gómez avanzou que, de face ao próximo ano, o Concello de Pontevedra pretende "manter ou nivel de investimento deste ano ou aumentalo un pouco".