Cambios no segundo congreso Ponte a Punto, que contaba con María de Villota como relatora
Por Diego Espiño
A ex-piloto de Fórmula 1 María de Villota ía ser o principal reclamo da segunda edición do congreso aceledor do desenvolvemento persoal Ponte a Punto.
A conferecia estaba pensada para que de Villota explicase a súa particular historia de superación e a súa visión optismista da vida aos presentes, pero o seu tráxico falecemento obrigou a organización a variar os seus plans.
A cita, que se desenvolverá os días 8 e 9 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, bota man dun dos relatores da súa primeira edición, Eduardo Sánchez, o representante para España e Latinoamérica do fenómeno editorial "O segredo".
A lista de oradores complétase coa presenza de Wally Vega, Javier Iriondo, Fernando Sánchez, Edite Amorim, Mar Ayude e o piloto galego José Luis Abadín.
O representante da empresa organizadora, José Luis Bouzas, asegurou na presentación do congreso que se trata dunha cita aberta a todo tipo de público, baseada no concepto de 'coaching' no que se buscará a participación dos asistentes.
A inscrición, cun prezo de 75 euros e descontos para estudantes, desempregados e xubilados, pode realizarse a través da páxina web www.ponteapunto.es.